Reaj

Inicio
| Contacto | Zona privada | Mapa web
Español | English | Galego | Català/Valencià | Euskara

Sobre Reaj

Consegue o teu carné

Albergues

Noticias

Revistas e guías

Reservas grupos

Concursos

Carné ISIC

 
 

Sobre Reaj

Benvido á Red española de Albergues Juveniles.

O Injuve e as Comunidades Autónomas ofrecen á xuventude a posibilidade de usar máis de 4.000 albergues repartidos por todo o mundo, polo apoio que presta á Española de Albergues Juveniles (REAJ), representante de Hostelling International ( Federación Internacional de Albergues Juveniles);.

En España existen actualmente máis de 250 albergues. Se queres aloxarte nun deles consulta o noso mapa e consegue o carné de membro, que poderás utilizar en todos os albergues nacionais e estranxeiros.

As súas instalacións teñen un recoñecido prestixio dentro do alberguismo xuvenil mundial e cubre os principais destinos turísticos e as cidades máis importantes de España.

Os albergues xuvenís de REAJ reciben máis de 1.000.000 persoas cunha forma de facer un turismo activo, cultural, deportivo e sobre todo de confraternización con outros/as mozos/as do mundo.

A maior parte dos albergues están situados en lugares que ofrecen amplas posibilidades para a práctica de actividades recreativas e deportivas ao aire libre, culturais e medioambientais.

En case todos existen salas para TV e adecuadas para reunións, talleres, etc.

As asociacións de albergues realizan tamén actividades de carácter internacional que ofrecen aos seus socios. REAJ, é membro da Hostelling International ( Federación Internacional de Albergues Juveniles); de EUFED (Federación de Albergues Juveniles de Europa) e do CIDAJAL (Centro de Información y Desarrollo de Albergues de América Latina).
Albergues 360º
Política de privacidad   Perfil del contratante   
Reaj.com   Red de Albergues juveniles   
Valid XHTML 1.0 Transitional   Desarrollo Web ARI